Nesta nova entrada vou falar sobre as actividades que realizamos na aula o
pasado día 2 de febreiro. Trátase de dúas actividades que tiñan como finalidade
traballar contidos diferentes, mais, como veremos, dun xeito moi semellante.
Primeira actividade
A primeira actividade que realizamos na aula consistía nunha actividade que
poderíamos considerar de introdución, na que debíamos crear un cadro para
relacionar as distintas didácticas de ensino que víramos na sesión anterior,
cuns determinados lugares de ensino (infantil-primaria, instituto secundaria,
FP, EOI, ciclo de maiores e castelán como LE), establecendo así que didáctica
debíamos aplicar, cal ou cales podíamos aplicar e que factores determinaban
esta situación.
Despois dun debate en grupos de tres/catro persoas, fomos compartindo as conclusións
dos distintos grupos co resto da clase. Deste xeito, íamos relacionado os contidos
previos (as distintas didácticas de ensino) coas que íamos ver nesa sesión, as
variables que afectan ao ensino das linguas.
Que conclusións acadamos?
Velaquí a táboa que elaboramos para a actividade:
Segunda actividade
Desta vez o
obxectivo consistía en elaborar un cadro coas diferenzas entre a ensinanza destinada
a Young learners e Adult learners. A actividade realizámola
en grupos de tres a catro persoas e despois dun debate duns cinco minutos, fomos
expoñendo as nosas conclusións ata conformar unha lista bastante longa de
diferenzas.
Que conclusións acadamos?
As conclusións
que expuxemos no noso grupo foron as seguintes:
Cal é a miña valoración persoal sobre as
actividades?
Como comentei ao comezo da entrada, penso que as dúas actividades son moi
semellantes. Non só porque ambas consisten na elaboración de cadros por grupos
para levar a cabo un posterior debate grupal, senón porque nos permiten
conectar conceptos previos coa nova información. Deste xeito, conséguese que o
estudante razoe sobre o aprendido, algo que, dende o meu punto de vista,
favorece moito o asentamento dos contidos.
Ao mesmo tempo, valoro moi positivamente a fase final de debate que inclúen
estas actividades, pois favorece a implicación do alumnado, facéndolle
partícipe da súa aprendizaxe.
Por último, sobre o compoñente social das mesmas, cómpre salientar que coas
dúas actividades ponse en práctica e foméntase a capacidade de traballo en
grupo dos estudantes. Unha actitude fundamental xa non só dentro da aula, senón
tamén no mundo laboral.
Ningún comentario:
Publicar un comentario