Nesta entrada preséntovos a miña proposta para a actividade que Luz nos
encargou para a seguinte sesión, que vai destinada a traballar a produción oral
a través dunha foto. Pois ben, no meu caso, decidín escoller unha foto persoal,
para economizar o tempo invertido en idear a actividade, xa que información que
vou necesitar xa se atopa na miña memoria. Ademais, co carácter persoal da
imaxe espérase espertar tamén o interese dos alumnos.
A actividade vai destinada a alumnos de segundo ou terceiro da ESO e
introduciríase nun contexto no que se estea a traballar vocabulario relacionado
cos alimentos e comidas en inglés. A idea é organizalos en grupos de 4 ou 5
persoas e presentarlles a seguinte imaxe:
Primeiro, pregúntaselles que é o que ven na imaxe, quen pensan que a fixo e
para quen. Cando adiviñar que a tarta a fixo a súa profesora, aumentará a súa
curiosidade por saber máis. Unha vez que temos gañado o seu interese,
explicámoslle a parte central da actividade, que consiste en que cada grupo
intente adiviñar tódolos ingredientes que poida da tarta facendo preguntas á
profesora.
Deste xeito repásanse alimentos básicos (eggs, milk, sugar, butter,
chocolate...) ao tempo que se van introducindo outros novos (flour, vanilla, ...).
Dependendo do que desexemos que dure a actividade, podemos empregar este
mesmo material para repasar verbos relacionados coas accións que se tiveron que
levar a cabo para facer a tarta (add, mix, bake, prepare, ). Ao mesmo tempo, podemos ir combinando os
verbos cos alimentos que empregamos anteriormente. Deste xeito, se lles facemos
recordar os alimentos, imos estimulando a súa memoria a curto prazo. Se nos
interesa, tamén poderíamos ir introducindo os distintos utensilios de cociña
que se empregaron (fork, spoon, knife, mixer, oven...)
Ata aquí sería a actividade para traballar a produción oral, pero, se nos
interesa, tamén poderíamos estirala aínda máis e traballar a produción escrita.
Así, unha vez traballados todos os aspectos anteriores, poderíase pedirlle aos
alumnos que escribiran os pasos que eles consideran que se seguiron para facer
a tarta. Non terían que empregar estruturas gramaticais moi complexas, senón ir
escribindo os pasos co vocabulario e os verbos que foron escoitando, engadindo conectores
que permitan organizar as accións que se levan a cabo (empregando por exemplo firstly, secondly, then, finally...).
Estas son as aplicacións que se me ocorren agora mesmo para a actividade,
pero estou segura de que habería moitas máis. Espero que vos gustara!
Outra idea, que xa usamos en algunha sesión e tamén algunha das compañeiras no seu blog: Fai a pregunta: Why did you make the cake? Que cada alumno/a teña que contestala dun xeito diferente. Ou podes variar o tempo do verbo si, por exemplom, queres traballar simple present Why do we make cakes? Podes usar esta actividade casi con calquera nivel!
ResponderEliminar