Para esta nova entrada do blog voume centrar nas dúas actividades que realizamos durante a primeira sesión de introdución á materia: á da pirámide e a de wh-questions.
A Pirámide
En que consiste?
A actividade da pirámide consiste en crear un debate entre os estudantes sobre algún dos novos contidos que expuxo o profesor. Comézase a actividade en parellas, logo fanse grupos de catro e despois os estudantes continúan agrupándose ata que queden só dous grandes bandos cos que poder levar a cabo o debate.

As realización da actividade...
No noso caso debíamos debater sobre os contidos que iamos a estudar no materia e indicar cales nos parecían os máis importantes e os menos relevantes. O certo é que pronto nos puxemos de acordo sobre a importancia de saber como programar e planificar. Todas consideramos que unha boa programación didáctica é o elemento fundamental para unha boa práctica docente, pois nela se recollen outros aspectos, como a planificación das sesións ou mesmo o sistema de avaliación, que contribúen a unha boa organización das aulas.
Tampouco nos resultou moi complicado chegar a un acordo sobre cal era o aspecto menos relevante. Todas coincidimos en que se trataba do ensino AICLE, pois un profesor de lingua estranxeira nunca vai exercer como docente de AICLE, tan só servirá como apoio nesta metodoloxía.
Valoración persoal
Penso que esta actividade pode resultar moi útil unha aula de aprendizaxe de linguas estranxeiras, pois pódese orientar de xeitos moi diferentes. Ben para practicar a produción oral a través do debate sobre un aspecto determinado no idioma estranxeiro, ben para repasar contidos gramaticais e de vocabulario. Mesmo se podería empregar para facer reflexionar aos alumnos sobre aspectos relacionados coa cultura do país estranxeiro. Ademais da súa utilidade como instrumento para asentar contidos, considero que esta actividade ten outras vantaxes:

-Permite lograr a participación de todo o alumnado, xa que a agrupación comeza en parellas e vai medrando ata formar dous grandes bandos.
-Fomenta o traballo en equipo e a cohesión do grupo polo seu carácter social.
-Fomenta a capacidade de organización dos estudantes, que deben, ademais, nomear un portavoz.
-Fomenta o pensamento crítico e a reflexión dos alumnos, pois vense obrigados a aportar opinións con fundamento para defender a súa postura.
WH-Questions
En que consiste?
A segunda actividade, a de wh-questions, consiste que os estudantes elaboren en grupos cinco preguntas sobre os contidos aprendidos comezando por Who, What, When, Where, How ... para logo levar a cabo un concurso dentro da clase facendo as preguntas entre os distintos grupos.
As realización da actividade...
Redactamos cinco preguntas en galego empregando que, como, onde, quen e por que, sobre os contidos que nos presentou o profesor nesa sesión. Este foi o resultado:
- Onde temos que etiquetar as actividades colaborativas?
- Que significa LMS?
- Por que non hai unha extensión mínima para as entradas do blog?
- Quen van ser os catro docentes da materia?
- Como se calcula a nota final?
Valoración persoal
Considero que esta actividade pode ter unha aplicación máis útil para o ensino de linguas estranxeiras, xa que permite traballar a estrutura das oracións interrogativas, ao tempo que se repasan os contidos aprendidos durante a sesión.

Ademais da posibilidade de traballar dous aspectos diferentes, penso que con esta actividade, tamén se pode aumentar a motivación dos estudantes, pois preséntanse os contidos en forma de xogo, un concurso, co que se pretende que se involucren e se sintan máis interesados sobre o que van aprendendo. Ademais, considero que a súa aplicación é realmente útil en aulas con nenos pequenos, aos que se pode animar simplemente eloxiando a súa participación, para evitar rivalidades.
Ata aquí as dúas primeiras actividades, que xa quedan anotadas para poñelas en práctica. Nas próximas entradas do apartado de Dossier continuarei explicando as actividades que imos aprendendo na clase e reflexionando sobre as súas aplicacións nas aulas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario