Ola a todos!
Hoxe véñovos a presentar a miña entrada de diario sobre a última sesión con
Carlos Valcárcel, o pasado 1 de marzo. Como sabedes, na aula estivemos tratando
o tema da avaliación na materia da primeira lingua estranxeira: os tipos de
avaliación, os criterios e mais as ferramentas. Nesta entrada, gustaríame
partir dos principios básicos dunha boa avaliación:
- A validez, é dicir, avaliamos só o que foi aprendido.
- A fiabilidade, é dicir, dous estudantes co mesmo nivel, van acadar os mesmos resultados.
- A factibilidade, é dicir, temos en conta os tempos requiridos e os criterios de avaliación.
Para facer aportarvos unha visión de como NON avaliar, froito da miña experiencia
como alumna, aquí vai:
Sobre todo para unha materia como a lingua estranxeira, que non require un
estudo diario nin un seguimento continuo para ir estudando os progresos.
Ademais, este é o mellor xeito de coñecer aos vosos alumnos, de contribuír á
súa aprendizaxe e de axudarlles a superar a materia. Por non falar da cantidade
de tempo imos aforrar corrixindo unha soa vez.
2)Non fagades probas de avaliación inicial
Non nos importa o
nivel que teñan os alumnos, nós imos dar o que está no libro, se non o saben de
antes é o seu problema.
3)Os criterios de avaliación son un tema tabú
Aos estudantes non lles importa como lles vaian a avaliar. Non necesitan
saber que competencias teñen que adquirir ao longo do curso para superalo.
Ademais, así podemos subir e baixar a nota a ollo.
4) Obviade as probas orais e de escoita
Dan demasiado
traballo e son moitos alumnos. En lugar de pensar como poden desenvolver e
practicar estas destrezas, é mellor que fagan exercicios tipo fill in the blanks que xa veñen no libro,
moito máis comunicativos e eficaces.
5) Redactade o exame o día anterior
Non fai falta dedicarlle moito tempo a pensar o exame, poñede o que vos
pareza que teñen que saber. Non revisedes os estándares de aprendizaxe nin as
competencias, nin vos molestedes en
6) Repetide o mesmo exame todos os anos
Isto axudaravos a
gañar tempo. Total, os alumnos son máis ou menos sempre iguais, non fai falta
adaptalo ao nivel que teñen e ao que fostes traballando ao longo do curso na
aula. Ademais, se os resultados son malos, de seguro que non é culpa vosa.
8) Poñede exames que leven máis tempo da hora de
clase
Os estudantes non teñen moito máis que facer que rematar o exame. Ademais,
tampouco lles vai supoñer un aumento da ansiedade que xa sentían.
9) Preguntade cuestións que non se viron na aula
Se se queixan saberedes que estiveron atentos.
10) Utilizade a avaliación para castigar aos
alumnos
Claro que si, a avaliación non é unha cousa seria que teña que pensarse
detidamente e pode empregarse como instrumento de tortura.
Agora que xa vistes como NON avaliar, ídelle dando a volta a cada
un dos enunciados e teredes un decálogo sobre como SI avaliar. Non o perdades
nunca de vista. A avaliación é unha cuestión moi seria, que non se pode tomar á
lixeira, e que se debe realizar seguindo os tres principios dos que vos falei ao
principio (validez, fiabilidade e factibilidade). Do contrario, estaremos repetindo os mesmos erros que cometeron con
nós. Uns erros que, quero pensar, foron froito do descoñecemento e a falta de
formación en cuestións como a didáctica de ensino da lingua estranxeira.
Ata aquí a miña reflexión sobre a sesión. E vós, que pensades sobre a
avaliación? Tivestes unha experiencia semellante? Ocórrevos algunha idea máis
de como non avaliar para engadir á lista?

Ningún comentario:
Publicar un comentario